Traballadores e traballadoras

"Ao longo de 2017, incorporáronse 377 novas persoas socias á cooperativa"

Iñigo Eizaguirre Director Xeral Social

Os traballadores, socios e protagonistas

En EROSKI, os traballadores e traballadoras son socios da empresa, o que se traduce nun alto grao de compromiso co proxecto común. De igual maneira, para a cooperativa o benestar dos seus traballadores e traballadoras é unha prioridade. Por iso, son convidados a participaren en reunións para que transmitan as súas dúbidas, opinións e intercambien información co resto do grupo. Ademais, o ano pasado realizáronse catro xuntas de socios de traballo nas que participaron máis de 5.300 socios e nas que se trataron os temas a levar á Asemblea Xeral.

Os traballadores e traballadoras de EROSKI somos socios da cooperativa, participamos da xestión e implicámonos na boa marcha do negocio

A creación e o mantemento do emprego de calidade é outra das grandes características da cooperativa. Así, desde EROSKI contribuímos á recolocación de socios e socias do Grupo Mondragón que están en desemprego, dos que 17 xa están definitivamente no seu novo posto. De xeito paralelo, a formación dos nosos Socios e Socias Traballadoras ocupa un lugar destacado no plan estratéxico.

O coidado do noso cadro de persoal materializouse tamén coa posta en marcha de diferentes melloras dentro do plan de igualdade e novas medidas para promover a conciliación entre a vida persoal e a profesional.

Aspectos ambos nos que debemos ser cada vez máis ambiciosos.

Somos 33.816 traballadores e traballadoras, dos que 10.017 son Socios e Socias Cooperativistas

O 78% do cadro de persoal son mulleres. As mulleres ocupan o 70% dos postos de responsabilidade

En 2017, incorporáronse 377 novas persoas socias á cooperativa: 66 máis que o ano anterior

A transformación da rede ao modelo ‘contigo’ traduciuse en 1.155 novos postos de traballo

3.315 traballadores na rede de tendas franqueadas de EROSKI

Destinamos 207.000 horas de formación ás nosas Socias e Socios Traballadores

Desde o Observatorio de Igualdade de EROSKI promovemos políticas que avancen neste ámbito

A nosa regulación interna facilita a conciliación familiar e laboral

Innovación social

En 2017 EROSKI e GUREAK (grupo de emprego e integración de persoas con discapacidade) contan con 3 supermercados, atendidos por persoas con algunha discapacidade e que constitúen todo un referente de innovación social no ámbito da integración laboral de persoas con discapacidade. Trátase dunha iniciativa que, ademais de promover o emprego entre os colectivos máis desfavorecidos socialmente, contribúe a dar visibilidade e normalizar a discapacidade como parte dunha sociedade diversa. Máis de 40 persoas traballan nestes tres supermercados situados en Azpeitia e Vitoria.

EROSKI colabora, ademais, con outras entidades como a Fundación Once, Cruz Vermella e Secretariado Xitano para a integración laboral de colectivos desfavorecidos. En 2017, preto de 200 mozos en risco de exclusión social realizaron prácticas en EROSKI, dos que un 24% conseguiu posteriormente un contrato laboral nas nosas tendas.

Eroski y Gureak

Formamos desde o espírito cooperativo

A formación é una das chaves fundamentais do novo ciclo estratéxico de EROSKI. Potenciar as capacidades dos diferentes equipos de persoas para mellorar a competitividade é unha das prioridades do actual equipo directivo de EROSKI.

  • 207.000 horas dedicadas a todas as modalidades de formación.
  • Case dous millóns de euros de investimento.
  • Desenvolvemos oito cursos con compromiso de contratación ao longo do ano, que supuxeron 74 novos contratos, superando a media de anteriores convocatorias.
  • 196 persoas realizaron prácticas non laborais en EROSKI, das que 47 xa forman parte do noso cadro de persoal.
Trabajadora de Eroski en pescadería

Diversidade de idiomas

En EROSKI facilitamos formación e subvencionamos aos traballadores para que poidan aprender linguas propias e estranxeiras. En 2017, unha centena de persoas acolléronse a estas axudas para mellorar o seu perfil lingüístico, contribuíndo así a desenvolver as súas capacidades profesionais orientadas a unha escoita activa e a unha atención personalizada aos nosos clientes.

Desenvolvendo talento

EROSKI e Mondragón Unibertsitatea asinaron un convenio de colaboración para a incorporación de novos profesionais a EROSKI e a transferencia de talento entre ambas organizacións a través de programas de formación continua, innovación metodolóxica en xestión empresarial, transferencia de coñecemento técnico e creación dun novo ecosistema de talentos para novos proxectos de emprendemento interno.

Trátase de potenciar, desde a cultura cooperativa, o intercambio de talento para impulsar as capacidades dos distintos equipos de persoas que forman as dúas organizacións e traballar en iniciativas conxuntas, destinadas a mellorar a competitividade en todas as áreas da empresa.

Firma del convenio de colaboración entre EROSKI y Mondragón Unibertsitatea

I promoción de directivos do programa Summa

EROSKI clausurou a súa I edición do Programa de Talento e Desenvolvemento directivo “SUMMA”. Unha vintena de Socios e Socias Traballadoras culminaron un programa que actúa como motor de innovación dentro da cooperativa para seguir medrando e ser máis competitivos.

I promoción de directivos del programa Summa

Novo acordo con emprendedores: CEAJE

Na rede de tendas franqueadas EROSKI traballan 3.315 persoas. A nosa cultura cooperativa de autoxestión encaixa perfectamente coa filosofía dos emprendedores e emprendedoras que apostan pola creación da súa propia empresa. Entre os nosos Socios e Socias Traballadoras atopamos talentos dispostos a crear emprego e oportunidades no sector da distribución. Mais, tamén, asinamos acordos e colaboramos con entidades que promoven o emprendemento. Así, Franquías EROSKI e a Confederación Española de Asociaciones de Jóvenes Empresarios (CEAJE) asinaron recentemente un convenio de colaboración para dar apoio e impulsar o emprendemento. O noso modelo de franquía ofrece unha alternativa de negocio aos mozos empresarios nun sector alimentario cun forte compoñente de estabilidade, como se demostrou nestes últimos anos, e que volveu recuperar o seu crecemento sostido con moi boas expectativas de mercado para 2018.

Nuevo acuerdo con emprendedores: CEAJE

Impulso ao emprendemento

Franquías EROSKI e CEAJE asinan un acordo de colaboración para dar apoio e impulsar o emprendemento.
https://vimeo.com/242571202

Referentes en igualdade

EROSKI conta desde hai máis dunha década cun Observatorio para a Igualdade, desde onde se coordinan todas as accións destinadas a promover este principio en calquera dos ámbitos da organización. Desde ese observatorio loitamos tamén contra a lacra que supón a violencia de xénero na nosa sociedade e traballamos para protexer aos nosos traballadores e traballadoras, os nosos consumidores e consumidoras e, en xeral, a toda a sociedade.

Para iso, poñemos en marcha diferentes campañas de sensibilización, de educación e de información. En EROSKI queremos erradicar calquera comportamento que favoreza as desigualdades entre homes e mulleres e, por iso, desde o principio de equidade, favorecemos as condicións que xeren as mellores oportunidades profesionais e persoais para todos os membros da cooperativa.

  • Contamos cun ambicioso protocolo de actuación en caso de detectar algún caso de violencia de xénero na organización.
  • Formamos os nosos traballadores sobre o uso inclusivo da linguaxe e sobre a linguaxe igualitaria.
  • Implantamos o Plan de Seguridade nos supermercados tendo en conta cuestións de xénero.
  • Colaboramos nas campañas oficiais contra a violencia sobre a muller, co día internacional contra a homofobia, transfobia e lesbofobia e protexemos as persoas por riba de todo.
Trabajadores Eroski panadería

Conciliación da vida persoal e profesional

Entendemos a conciliación como parte da proxección persoal e profesional de todos os nosos traballadores. Como sociedade cooperativa, cremos na diversidade de intereses e de obxectivos e queremos impulsar todas esas necesidades que xorden no seo da organización. A xestión óptima do tempo de traballo é tamén unha das nosas prioridades e traballamos para responder ás cuestións formuladas polos nosos socios e socias.

  • Flexibilizamos o acceso á xornada reducida.
  • Ampliamos os permisos por ingreso ou intervención dun familiar.
  • Estendemos o permiso por falecemento ata os familiares de terceiro grao.
  • Temos en conta a efectos de permiso as parellas estables, aínda que non estean no rexistro de parellas de feito.
  • Estamos dentro da Rede DenBBora Sarea que inclúe dez empresas comprometidas coa mellora da xestión do tempo.

Coidámonos: saúde e seguridade no traballo

O grupo EROSKI dispón dun servizo de prevención de riscos laborais constituído baixo a modalidade legal de Servizo de Prevención Mancomunado, que dá cobertura ás empresas asociadas ao mesmo nas especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada.

Durante o 2017, revisáronse e actualizáronse os plans de prevención dos distintos negocios do grupo, así como as avaliacións xerais de riscos e a avaliación de riscos psicosociais. Tamén se levaron a cabo auditorías internas de prevención e inspeccións programadas, realizadas estas últimas por equipos inspectores dos propios centros e cun seguimento posterior por parte dos mesmos das accións correctoras propostas para corrixir as anomalías detectadas. Tamén desde os propios centros leváronse a cabo simulacros de emerxencia con ou sen evacuación.

En materia de formación, investíronse máis de 33.000 horas en cursos básicos de prevención, formacións específicas sobre riscos no posto de traballo ou de actuación en emerxencias nas que participaron máis de 14.000 traballadores e traballadoras.

Comunicación Interna

O noso espírito cooperativo reflíctese de cheo na nosa política de comunicación interna. A comunicación interna é esencial en EROSKI para a toma de decisións e para impulsar os cambios e a mellora continua. Para iso, contamos con numerosas ferramentas e distintas publicacións que informan a todos os niveis da organización, ademais da propia intranet corporativa desde a que calquera Socia e Socio Traballador pode acceder a contidos de utilidade profesional e de interese societario.

Durante 2017 leváronse a cabo 55 xornadas informativas internas, reunindo un colectivo de máis de 5.000 Socias e Socios Traballadores, para compartir de xeito directo, próximo e participativo a situación empresarial e os plans de futuro da cooperativa. Estas xornadas estiveron lideradas pola Alta Dirección co obxectivo de acadar un maior achegamento aos socios, divididos en pequenos grupos de 150 persoas, de xeito que a comunicación sexa máis fluída e o intercambio de opinións máis eficaz.

IV edición dos Premios Krea

As mellores iniciativas do ano desenvolvidas no ámbito da autoxestión dos propios equipos de traballo das tendas EROSKI son recoñecidas polos Premios KREA, que xa van pola súa cuarta edición. Na convocatoria deste ano presentáronse máis de 120 candidaturas provenientes de todos os centros. O xurado selecciona 18 iniciativas, clasificadas en diferentes categorías: ‘Os nosos clientes’ (atención ao cliente); ‘Somos de aquí’ (implicación na contorna social) e ‘Como unha piña’ (traballo en equipo).

Premios Krea Eroski