Carta do Presidente

Presidente de Eroski - Agustín Markaide

Carta de
Agustín Markaide

Presidente de EROSKI

EROSKI comezou en 2017 un novo ciclo estratéxico que olla cara o futuro poñendo o foco na diferenciación. Arrincamos esta nova etapa coa saúde e a sostibilidade como eixos principais desa diferenciación.

Os resultados do exercicio 2017 merecen unha valoración positiva, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo, consolidando a senda de recuperación dos últimos exercicios. As vendas totais redúcense polo efecto da redución de superficie que se produciu en 2017 debido aos desinvestimentos realizados, se ben a igualdade de superficie amosan un bo comportamento. Pola súa banda, a competitividade dos negocios seguiu mellorando, e singularmente os nosos prezos de venda. O modelo comercial ‘contigo’ continúa a estenderse de xeito progresivo a toda a nosa rede de supermercados e hipermercados. Así, pechamos o exercicio superando as 600 tendas de nova xeración que ofertan unha proposta renovada ao consumidor e teñen unha gran acollida.

En 2017 retomamos a apertura de tendas propias con tres novos supermercados, que se suman ao amplo número de tendas inauguradas baixo o réxime de franquía que inclúen dous novos hipermercados. Avanzamos de xeito relevante na transformación dixital e fomos recoñecidos como mellor web para as compras en liña de alimentación confirmándose a excelente valoración que recibimos dos nosos clientes.

Reforzamos o noso vínculo cos socios clientes de EROSKI Club, desenvolvendo novas vantaxes, como as da nova tarxeta de pagamento Master Card ou as do novo programa de aforro OURO: unha renovación do noso compromiso social e histórico co aforro das familias, inspirado no programa de cota, iniciativa que EROSKI puxo en marcha desde a súa fundación para os socios clientes de aquel momento.

Temos grandes retos por diante e contamos cun contexto socioeconómico favorable para levalos a cabo grazas a unha maior estabilidade económica, ao aumento da confianza do consumidor e a unha maior concienciación pola saúde, os hábitos de vida saudables e a sostibilidade.

Por outra parte, os traballadores e traballadoras de EROSKI seguimos a ser os principais protagonistas do devir do noso proxecto. A positiva evolución dos resultados obtidos é motivo de agradecemento e recoñecemento a todos eles polo seu alto nivel de compromiso que, ano tras ano, destaca na nosa cultura cooperativa e é, sen dúbida, a nosa principal fortaleza.

Os próximos retos na nosa actuación afondarán na achega de solucións que faciliten un consumo de alimentación máis saudable e máis responsable e asumiremos compromisos rotundos nesta dirección. Ademais, continuaremos reforzando a competitividade dos negocios, mellorando o seu atractivo comercial, desenvolvendo unha relación máis estreita cos nosos clientes e adaptando as tendas físicas e virtuais ás necesidades cambiantes dos clientes.

En definitiva, buscamos continuar preto dos nosos clientes sendo relevantes para eles por cubrir as súas necesidades. Ese é o noso leitmotiv e o noso gran compromiso.