Carta do Consello Reitor

Consejo Rector de Eroski

Carta de
Leire Mugerza

Consello Rector

O modelo de xestión cooperativa de EROSKI fai que cada un dos que formamos parte dela nos sintamos comprometidos coa sociedade na que estamos presentes e que, ademais, teñamos a posibilidade de demostralo en cada unha das actuacións que se levan a cabo desde a organización. Esa é unha das grandes vantaxes da nosa cooperativa que crea fortes lazos entre as súas Socias e Socios Traballadores e entre as súas Socias e Socios Consumidores aos que procura bens e servizos nas mellores condicións de calidade, información e prezo. Creamos novos produtos de aforro, como a acabada de estrear Tarxeta OURO, que permite un desconto directo do 4% en todas as compras, ou os vales de desconto e as ofertas que fan que o aforro transferido ás familias teña un impacto real nas súas contas.

A estratexia comercial ‘contigo’ implantada por EROSKI hai xa uns anos permite que esa relación co cliente sexa plena, xa que os nosos consumidores e consumidoras son tamén socios con poder de decisión nas iniciativas que se desenvolven a través da súa representación no Consello Reitor. E é que o goberno corporativo, a xestión e a representación da cooperativa matriz de Grupo EROSKI corresponden ao Consello Reitor, de conformidade coas normas legais e estatutarias e os acordos da Asemblea Xeral de EROSKI Sociedade Cooperativa que é o órgano en que se expresa a nosa vontade societaria, formado polos delegados representantes dos Socios e Socias Consumidoras e Socios e Socias Traballadoras na mesma proporción. Persoas que participan da xestión como proxecto común.

Un proxecto que ten en conta as inquedanzas sociais, no que case o 80% dos cargos están ocupados por mulleres e no que moitas persoas traballamos para poder reinvestir os beneficios nun mellor proxecto de futuro no que valores como o compromiso, a solidariedade, a responsabilidade e sostibilidade non sexan unha mera estratexia de márketing senón que se plasmen en realidades concretas no noso quefacer diario.

Así, destaca, por exemplo, a nosa implicación co Banco de Alimentos, co que levamos máis de 20 anos traballando, a nosa campaña ‘Desperdicio Cero’, unha aposta firme polos produtores locais que supoñen máis do 50 por cento dos provedores do grupo ou a inclusión de diferentes colectivos desfavorecidos socialmente na nosa organización. Ademais, en EROSKI demos importantes pasos para reducir as emisións de gases contaminantes e innovamos de xeito continuo na eficiencia de todos os nosos procesos, así como no desenvolvemento de produtos e servizos que contribúan a mellorar a saúde e o benestar dos nosos clientes.

Preocúpanos especialmente a alimentación saudable, de calidade e que responda ás necesidades concretas de cada Socio e Socia Cliente atendendo aos novos hábitos de consumo e ás demandas do mercado. Por iso, as tendas ‘contigo’ son hoxe o reflexo desa preocupación e desas necesidades e fan que en EROSKI a experiencia de compra sexa diferente. Nelas, o produto fresco ocupa un lugar destacado e preséntase dun xeito máis natural, con menos envoltorios, destacando as súas propiedades e, sobre todo, ofrecendo unha gran variedade.

E, ao tempo que apostamos pola proximidade, innovamos en novos modelos de comercialización que melloren a calidade de vida de todos os nosos consumidores e consumidoras, achegando a experiencia de compra en EROSKI ata a porta das súas casas, aspirando a ser a súa tenda preferida. Escoitámolos e avanzamos para dar respostas eficaces. As novas tendas de EROSKI son a mellor expresión desta vontade, o lugar no que plasmamos unha estratexia comercial totalmente diferente. Así vemos o futuro e niso seguimos a traballar.